O 1 de xullo entrou en vigor a polémica Lei Orgánica de Seguridade Cidadá, máis coñecida como Lei Mordaza.
Diferentes sectores profesionais e parte da cidadanía consideran que supón un recorte dos dereitos fundamentais, coma o de manifestación e reunión, e que constitúe un ataque frontal ás liberdades individuais.
Que impresión deixa esta reforma? Sería recomendable unha moratoria na súa aplicación? A presidenta do Consello da Avogacía Galega e decana do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol, Nieves Santomé Couto, responde a estas e outras cuestións nesta entrevista.
«A paz social hai que configurala desde un punto de vista existencial, non so xurídico e acádase con valores e principios coma a igualdade, a solidaridade e a xustiza, non con normas represoras e policiais»
(Nieves Santomé Couto, presidenta do Consello da Avogacía Galega)