AMPLIAMOS O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 15 DE OUTUBRO
Segundo regula o artigo 30 do Regulamento de Xustiza Gratuíta de Galicia, corresponde ao Consello da Avogacía Galega ofrecer aos avogados e avogadas da Quenda de Oficio unha formación suficiente que garanta a prestación da asistencia xurídica gratuíta consonte a uns estándares de calidade axeitados.
En exercicio desas competencias en materia de formación da avogacía, o Consello presenta unha nova edición deste curso, en modalidade en liña, que permitirá ao profesional adquirir os coñecementos necesarios neste eido, e acreditalos para acceder ás listaxes especiais da Quenda de Oficio, cando lle fora esixido.
De interese:
- Coordinación: Juan José Vázquez Rodríguez, asesor xurídico e xefe da Unidade de Asesoramento ás Migracións do Concello da Coruña.
- Autoría dos materiais:
- Juan José Vázquez Rodríguez é autor dos módulos 1 ao 6 do curso, desde a primeira edición do curso, no ano 2013. O temario actualizouse con novos epígrafes e as modificacións lexislativas que afectan á materia.
- O módulo 7, de trata de seres humanos, é de elaboración propia e contou coa colaboración de Elsa Antonia Mateo Díaz, avogada especializada en estranxeiría, inmigración e Dereito penal.
- Modalidade: en liña.
- Nº horas: 100.
- Prezo:
- De balde, para colexiados/as exercentes e alumnos/as do Máster da Avogacía.
- 70 € para colexiados/as non exercentes.
- Prazo de matrícula: ata o 15 de outubro do 2019.
- Lugar de matrícula: http://avogacia.gal/formacion .
- Remate do curso: 28 de febreiro do 2019.
Para máis información:
- Folleto do curso.
- Guía do curso (programa e metodoloxía didáctica).
- Contactar co Consello no enderezo electrónico
ou no teléfono 981 121 893.
Este curso está organizado polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios de Avogados de Galicia.
IMPORTANTE: estamos a realizar melloras na plataforma formativa. En breve, poderás descargar as túas facturas de formación desde a propia aula virtual. Por favor, antes de matricularte en calquera curso (que non sexa gratuíto), lembra actualizar AQUÍ os teus datos de facturación. Do contrario, a factura xerada podería presentar información incorrecta, o que suporía varias xestións administrativas.
Acceso á aula virtual