MATRÍCULA ABERTA
As migracións convertíronse nun proceso demográfico natural que non é alleo a ningunha rexión do planeta ou momento histórico, mais a cifra de persoas migrantes foi crecendo progresivamente no século XXI. Este incremento ten varios motivos, entre os que se atopan a violencia, a pobreza, o cambio climático ou os conflitos armados. Estes últimos moi presentes na actualidade debido á guerra entre Rusia e Ucrania.
A avogacía galega é consciente de que
o seu papel é fundamental na asistencia aos afectados e afectadas por este tipo
de acontecementos. De aí que sexa necesario ofrecer aos letrados e letradas
unha formación de calidade que lles permita desenvolver o seu traballo da forma
más eficaz e eficiente posible.
Así, preséntase a 4ª edición de este curso, redactada e coordinada un ano máis por Juan José Vázquez Rodríguez, xefe da Unidade de Asesoramento ás Migracións do Concello da Coruña. O temario contén as seguintes novidades con respecto á edición anterior:
- Modificacións no Regulamento de Estranxeiría con respecto aos menores estranxeiros.
- Modificacións na Directiva Europea referente á residencia de longa duración e á tarxeta azul.
- Novas autorizacións no ámbito da mobilidade internacional.
- Disposicións recentes con motivo da situación dos refuxiados ucranianos.
Características do curso:
- Modalidade: en liña.
- Nº horas: 100.
- Prezo: gratuíto, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes e alumnos/as do Máster de Acceso á Avogacía.
- Lugar de matrícula: https://formacion.avogacia.gal
Para máis información:
- Ver folleto.
- Ver guía.
- Contactar co Consello no enderezo electrónico redes@avogacia.gal ou no teléfono 981 121 893.
Esta actividade formativa está organizada polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios da Avogacía de Galicia