O Consello da Avogacía Galega alerta das consecuencias da folga de Letrados da Administración de Xustiza

O Consello da Avogacía Galega alerta das consecuencias da folga de Letrados da Administración de Xustiza

  • As consecuencias desta folga son incalculables e danan a una administración de xustiza xa maltreita logo da folga de 2018 e a pandemia
  • O Consello da Avogacía insta ás partes a negociar dunha maneira urxente e efectiva para acadar unha solución que termine con este escenario de paralización da Xustiza

A Coruña, 02 de febreiro de 2023. Ante a folga indefinida iniciada polos Letrados da Administración de Xustiza de toda España o pasado martes 24 de xaneiro, o Consello da Avogacía Galega comunica o seguinte:

  • O fracaso das negociacións previas levadas a cabo por ambas as partes avoca á Administración de Xustiza a un escenario de vulneración do dereito constitucional de acceso á Xustiza. Esta nova paralización da Administración de Xustiza, servizo público esencial nun Estado de Dereito, afecta gravemente ao dereito á tutela xudicial efectiva, e ao exercicio profesional de todos os operadores xurídicos.
  • Esta folga está convocada en todo o territorio nacional, pero é máis grave no caso de Galicia, pois xa tivemos que sufrir unha folga de funcionarios no ano 2018, situación sumada á pandemia iniciada en 2020, co que serían máis de 5 anos sen normalidade xudicial na nosa Comunidade.
  • Ao prexuízo xerado pola suspensión dos xuízos, engádense os que veñen padecer os profesionais e as persoas que se desprazan aos tribunais inutilmente, ao non ser informados anticipadamente da suspensión. Neste sentido, o Consello solicitou ao Presidente do TSXG que inste ao Secretario Coordinador do TSXG para que se comuniquen coa suficiente antelación as suspensións de xuízos, vistas e demais actos xudiciais. Deste modo evítanse trastornos engadidos.
  • Por estas circunstancias, o Consello da Avogacía Galega insta ás partes a retomar as negociacións e o diálogo de maneira urxente desde unha predisposición proclive ao acordo ou, polo menos, que se acheguen as posturas para que a convocatoria de folga indefinida se paralice, desde o máximo respecto que merecen os dereitos dos traballadores e traballadoras.
Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies