Programa de clases en liña en materia de menores 2024

Programa de clases en liña en materia de menores 2024

O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o desenvolvemento de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia, de acoso escolar e de ciberacoso.

Froito dese Convenio xurde o programa de clases en liña, gratuíto e aberto a todos e todas as profesionais da avogacía galega, para mellorar a súa formación en materia de menores.

Calendario de clases en liña

  • 21 de novembro, xoves:
    • Miguel Vieito Villar, avogado.
      • Autonomía decisoria de persoas menores de idade: autonomía e consentimento.
      • Entorno dixital e persoas menores de idade.
  • 25 de novembro, luns:
    • Alejandra Domínguez Pereiras, axente de Policía Nacional.
      • Atención policial ao menor vítima.
      • Atención aos menores no entorno escolar ou en situación de risco ou desamparo.
  • 28 de novembro, xoves:
    • David López González, avogado.
    • A situación xurídico-penal do menor desde a dupla óptica de autor e vítima dun ilícito penal:
      • A protección reforzada do menor vítima de violencia.
      • O estatuto xurídico-penal do menor autor dun ilícito penal.

Inscrición

Aqueles e aquelas interesados en inscribirse no programa de clases en liña deberán premer AQUÍ e cubrir o formulario.

O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa. Non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies