Skip to main content

Programa de clases en liña en materia de menores vítimas de violencia

O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o desenvolvemento de accións de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia.

Froito dese Convenio xurde o programa de clases en liña, gratuíto e aberto e a todos e todas as profesionais da avogacía galega, para mellorar a súa formación en materia de menores vítimas de violencia.


Calendario de clases en liña

Luns 27 de novembro, ás 16 horas:

  • Entorno dixital e persoas menores de idade: Detección e protección fronte a violencia na rede. Miguel Vieito Villar, avogado.

Martes 28 de novembro, ás 18 horas:

  • O menor infractor no centro de internamento (CIMI). José Luis Salvador Sánchez, educador social no Centro de Internamento de Menores Infractores «Terras de Oria».

Mércores 29 de novembro, ás 16 horas:

  • Aspectos prácticos na instrución dos procedementos incoados contra o menor. Beatriz Pacios Yáñez, Fiscal delegada de Menores da Audiencia Provincial da Coruña.
  • Autonomía decisoria de persoas menores de idade: Autonomía e consentimento. Miguel Vieito Villar, avogado.

Inscrición

Aqueles e aquelas interesados en inscribirse no programa de clases en liña deberán premer AQUÍ e cubrir o formulario.

O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa. Non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies