O Consello ofrece formación especializada aos avogados e avogadas de Galicia para prestaren os servizos profesionais consonte a uns estándares de cualidade elevados.
Logo do éxito dos cursos de Mediación, con máis de 600 diplomados, e de Estranxeiría, con máis de 1000 inscritos, poñemos en marcha o curso Mediación Familiar e Introdución á Mediación Penal e Penitenciaria e o curso Procedemento Penal do Menor, ambos os dous impartidos en E-learning.
O prazo de inscrición xa está pechado e o remate dos cursos terá lugar o 29 de febreiro do 2016.
Ao longo do 2015 o Consello ampliará a súa oferta formativa.
A plataforma está aberta a outros colectivos profesionais.
Entrar