ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS EDICIÓNS DE FERROL E PONTEVEDRA ATA O 21 DE ABRIL, INCLUÍDO
O Consello da Avogacía Galega organiza unha nova xornada formativa sobre comunicación, a realizar nos Colexios de Avogados de Galicia. Nesta ocasión, tratarase o modelo Bridge, segundo o cal, existen 4 estilos relacionais básicos nos que todos nos podemos enmarcar e que representan formas moi diferentes de comunicarse e relacionarse cos demais.
O modelo Bridge ensina a identificar a nosa forma de relacionarnos, as súas características e as súas áreas de eficacia e ineficacia. Tamén permite descubrir a preferencia relacional dos demais, o que axuda enormemente a comunicarnos, xa que podemos adaptarnos ao outro para que a conversa sexa máis eficaz.
O curso terá unha duración de 4 horas, a desenvolver nunha única xornada formativa.