Como en todo o territorio do Estado, o día de onte, 12 de xullo de 2023, celebrouse o día da Xustiza Gratuíta na Comunidade Autónoma de Galicia, con total normalidade, se ben apreciouse unha maior afluencia de compañeiros/as aos actos organizados, como todos os anos, polos colexios da avogacía.
Leer más
Convenios para a formación en materia de violencia de xénero e para a atención xurídica a vítimas de violencia sexual
No día de hoxe, 6 de xullo, a Xunta de Galicia e o Consello da Avogacía Galega asinaron os seguintes convenios:
Leer más
Curso de Ciberseguridade
MATRÍCULA ABERTA
Desde o punto de vista xurídico, a ciberseguridade consiste no conxunto de normas e principios legais que regulan a protección dos sistemas informáticos e da información que se atopa almacenada neles. Isto inclúe o tratamento e protección de datos persoais, a prevención e persecución de delitos informáticos, a responsabilidade civil en caso de vulneración de sistemas, e outros aspectos relacionados coa seguridade da información no ámbito dixital.
Leer más
Novo acordo do Consello da Avogacía Galega coa Xunta de Galicia para protexer aos propietarios de inmobles afectados pola ocupación ilegal
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou máis medidas de protección por parte do Goberno galego para os propietarios de inmobles afectados pola ocupación ilegal. O mandatario autonómico participou hoxe na firma dun convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Consello da Avogacía Galega para elaborar unha guía informativa sobre os dereitos e deberes das persoas propietarias ou usufructuarias de vivendas ocupadas ilegalmente.

Convenio para a atención a persoas menores de idade vítimas de violencia
O 11 de maio o Consello da Avogacía Galega asinou un convenio coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o desenvolvemento de accións de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia.
Leer más