Pilar López-Guerrero, nova decana do Colexio de Avogados de Ourense

Pilar López-Guerrero, nova decana do Colexio de Avogados de Ourense

 

 

Onte celebráronse as eleccións ao decanato con listas abertas no Colexio Provincial de Avogados de Ourense. Os postos a renovar eran os de decano, vicedecano, secretaría e dous vogais.

Pilar López-Guerrero, ao igual que Marcos Vázquez Guzmán, levaban candidatura completa. Os outros dous candidatos, Manuel García Sobrado e José Luis Carnicero Blanco, presentaron candidatura unipersoal.

Ás 3 da tarde xa tiña votado máis do 60% do total dos participantes. Ao final da xornada rexistrouse unha participación de 510 colexiados, o que supón o 65% do censo.

A votación entre Pilar López-Guerrero e Marcos Vázquez  foi moi axustada: a nova decana superou ao segundo votado por 11 apoios, 382 votos frente a 371. José Manuel García Sobrado e José Luis Carnicero acadaron 42 e 90 votos, respectivamente.

O equipo renóvase con Esperanza Fernández Iglesias como vicedecana, José Manuel Ayude Besteiro como secretario, Fátima Salgado Carbajales como segunda vogal e Ramón González Doniz como sexto vogal.

Desde o Consello queremos dar a noraboa á nova decana e aos demais elexidos, e desexarlles sorte na súa nova etapa.

 

 

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies