Proxecto Europeo Train 2 EN4CE

Proxecto Europeo Train 2 EN4CE

O Proxecto Europeo Train 2 EN4CE ten como obxectivo principal responder ás necesidades formativas específicas de xuíces, avogados/as, procuradores/as e outros profesionais xurídicos, para que dispoñan da preparación, coñecementos e habilidades necesarias sobre a aplicación e funcionamento dos Regulamentos do Proceso Monitorio Europeo (nº1896/2006) e do Proceso Europeo de Escasa Cuantía (nº 861/2007).

A finalidade da enquisa que segue, é coñecer as necesidades de formación que supón a aplicación do Proceso Monitorio Europeo, así como coñecer a formación desenvolvida en cada Estado membro da Unión Europea e aquela outra que é necesario realizar, evitando as duplicidades que poidan existir. Nunha segunda etapa do proxecto avaliaranse as necesidades referidas ao Proceso Europeo de Escasa Cuantía.

A estos efectos, desde o Proxecto solicitan a colaboración das avogadas e avogados galegos, respondendo de forma anónima ao cuestionario que se atopa na seguinte ligazón:
https://www.1ka.si/a/270887&preview=on

O prazo límite para responder os cuestionarios é o 20 de outubro de 2020.
Moitas grazas pola colaboración.

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies