Se o goberno húngaro persiste en manter este maltrato inhumano, manifestamente desproporcionado e ilegal, as autoridades europeas deberán impoñer sancións a Hungría.
O Consello Xeral da Avogacía Española elevou a súa máis contundente queixa ás autoridades europeas e húngaras, tanto polo emprego de gases lacrimóxenos e cañóns de auga contra os migrantes concentrados no límite de Hungría con Serbia, como polas sancións penais impostas ás persoas refuxiadas que cruzaron ese límite nos últimos días.