O 9 de decembro constituiuse a nova Xunta do Colexio de Avogados de Vigo de forma oficial trala proclamación de Lourdes Carballo Fidalgo de novo como decana, ao non terse presentado ningunha candidatura ás eleccións internas.
Terá un segundo mandato durante cinco anos sen posibilidade de renovación. Segundo destacou a decana, o novo mandato centrarase en dar a máxima calidade á profesión e garantir unha xustiza eficiente para todos os cidadáns.