VIII Xornadas de Dereito de Familia

VIII Xornadas de Dereito de Familia

Os días 12 e 13 de abril terá lugar unha nova edición das Xornadas de Dereito de Familia, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e polo Consello da Avogacía Galega.

Estas xornadas, que supoñen un punto de encontro para os profesionais que se dedican ao dereito de familia, celebraranse na Fundación Barrié.

Con aforo limitado e tamén con formato en liña, nelas daranse cita prestixiosos xuristas para abordar cuestións de máxima actualidade relativas ao ámbito da familia tales como as crises matrimoniais e sucesións, a liquidación do réxime económico matrimonial e vivenda familiar no concurso, a coñecida como Lei Trans, a intelixencia artificial no Dereito de Familia e a análise da xurisprudencia máis recente do Tribunal Supremo en asuntos de familia, discapacidade e filiación.

Nesta edición continuarase coa fórmula do foro aberto: un espazo no que se debatirán temas e cuestións formuladas previamente polos asistentes ás xornadas.


Para máis información:

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies