Skip to main content

XII Congreso Nacional de la Abogacía 2019

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 3 DE MAIO

Entre os días 8 e 11 de maio do 2019 terá lugar o XII Congreso Nacional da Avogacía 2019 «Avogacía transformadora: Fomos presente. Somos futuro» (ver vídeo de presentación), organizado polo Consejo General de la Abogacía Española (CGAE) e o Ilustre Colexio de Avogados de Valladolid (ICAVA).

Esta edición formúlase partindo dun proceso de construción e deseño participativo que abrangará tanto a organización coma o desenvolvemento do Congreso: haberá máis de 120 sesións temáticas xeradas por unha oferta de 12 sesións simultáneas, todas sobre cuestións de plena actualidade e de suma importancia para a profesión.

Entre os temas a tratar atoparanse as transformacións tecnolóxicas e sociais, a defensa das liberdades e dereitos, a regulación profesional e a súa supervisión, as novas prácticas profesionais, a administración electrónica, e un longo etcétera.

Ir ao programa do evento

Ir ao formulario de inscrición

Máis información na web do Congreso


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies