As modificacións lexislativas introducidas polo Real Decreto-Lei 6/2023

As modificacións lexislativas introducidas polo Real Decreto-Lei 6/2023

O Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo, en colaboración co Consello da Avogacía Galega, organiza unha xornada que se retransmitirá vía streaming para toda a avogacía galega, sobre as modificacións lexislativas introducidas polo Real Decreto-Lei 6/2023, de 19 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servizo público de xustiza, función pública, réxime local e mecenado.


A xornada contará co seguinte programa:

  • “Aspectos procesais do Real Decreto-Lei 6/2023”. José Arturo Pérez Moreno, avogado do ICA Almería e Vicepresidente da Comisión de Estudos do CGAE.
  • “A transformación dixital da Administración de Xustiza”. Rafael Massieu Curbelo, decano do ICA Las Palmas e Presidente da Comisión de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico do CGAE.

Información de interese

  • Data: venres 9 de febreiro.
  • Hora: 17 horas.
  • Prezo: gratuíto.
  • Dirixido a: colexiados e colexiadas dos Colexios da Avogacía de Galicia, así como ao alumnado do Mestrado de Acceso á Avogacía.
  • Inscrición: os interesados e interesadas deben remitir un correo a cos seguintes datos:
    • Nome completo.
    • NIF.
    • Enderezo electrónico.
    • ICA ao que pertence.
    • Número de colexiado/a.
    • Indicar se é alumno/a do Mestrado de Acceso á Avogacía.
  • Remitirase un mail de confirmación de inscrición. O prazo para o rexistro en liña será o xoves, día 8 de febreiro, inclusive
  • O venres 9 de febreiro, pola mañá, todos os inscritos recibirán un correo cun enlace privado para acceder á retransmisión a través de Youtube.

Para calquera consulta, contactar co Consello en  e no teléfono 981121893.

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies