O Consello da Avogacía Galega, en colaboración con Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, SAU e o Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, organiza unhas xornadas que abordarán cuestións de interese e actualidade no ámbito do Dereito Administrativo, afondando en temas como o papel do Consello Consultivo de Galicia na mediación de conflitos coa Administración, as cláusulas sociais e medioambientais na contratación pública, e o impacto da pandemia na xestión das concesións administrativas.
A asistencia presencial será no Colexio da Avogacía de Santiago e está aberta a toda a avogacía galega.
Tamén se facilitará o acceso en liña de forma gratuíta, tanto á avogacía como a calquera outro colectivo interesado na materia.
Programa das xornadas
Xoves, 28 novembro, 18 h. a 20 h.: Prevención de litixios e recursos na Administración Pública: análise e estratexia
- Organización, composición e funcións do Consello Consultivo de Galicia: unha oportunidade para evitar litixios coas Administracións Públicas. José Ángel Oreiro Romar, Secretario do Consello Consultivo de Galicia.
- O recurso especial en materia de contratación: lexitimación, requisitos para a interposición, admisión e criterios doutrinais dos tribunais de contratación pública. Santiago Valencia Villa, letrado do Consello Consultivo de Galicia.
Martes, 10 decembro, 18 h. a 20 h.: Desafíos e solucións: equilibrio económico e desindexación
- O restablecemento do equilibrio económico-financeiro nas concesións administrativas: en especial o impacto da Covid-19 e o aumento dos prezos da enerxía. Juan Carlos Fernández López, maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
- Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española: o seu réxime transitorio, a validación da estrutura de custos na contratación pública para a futura revisión de prezos e a correcta aplicación dos mecanismos que incentiven a eficiencia. José Manuel Romero García, Xunta Consultiva de Contratación Administrativa de Galicia.
Xoves, 9 xaneiro, 18 h. a 20 h.: Redefinindo o equilibrio entre calidade, sustentabilidade e prezo
- As cláusulas sociais e medioambientais na contratación pública. Diana Santiago Iglesias, profesora titular de Dereito Administrativo na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
- A calidade como horizonte irrenunciable na contratación pública: o prezo non pode ser o elemento esencial. Patricia Valcárcel Fernández, catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Vigo.
Inscrición
- Inscrición para asistencia presencial: gratuíta, a través do seguinte FORMULARIO.
- Inscrición para asistencia en liña: non é necesaria, as sesións poderán seguirse accedendo directamente ás seguintes ligazóns no día e horario programados: