Os días 13 e 14 de novembro de 2015, a cidade da Coruña albergou a primeira edición das Xornadas de Dereito de Familia de Galicia, un foro participativo sobre as novidades, actualidade e cambios nas materias de esta rama do Dereito.
Organizadas polo Consello da Avogacía Galega e o Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña en colaboración coa Asociación Española de Abogados de Familia, estas Xornadas reuniron a representantes de organismos nacionais e autonómicos, quen expoñeron algunhas das cuestións máis acuciantes arredor do Dereito de Familia durante os dous días de duración.