Apoia á Comisión Mixta Xunta-Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a que
realice as xestións convenientes para que se creen de inmediato ditos órganos
xudiciais
A
Coruña, 26 de febreiro de 2019. Ante a recente decisión do Goberno
español de non crear dos xulgados do Social en Lugo e Santiago de Compostela
respectivamente, o Consello da Avogacia Galega comunica:
- O Consello da Avogacía Galega lamenta de maneira profunda este
rexeitamento, solicitando ao Goberno que reconsidere dita negativa. A
creación de senllos xulgados do Social nas cidades de Lugo e Santiago de
Compostela está avalada por sólidos informe da Xunta de Galicia e o Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia,
que demostran que estes xulgados son fundamentais nestas cidades.
- O insólito rexeitamento dos informes sobre creación de novos órganos
xudiciais revela, cando menos, un descoñecemento da situación dos xulgados
destas dos cidades e unha falta de sensibilidade que causa un grave prexuízo á
cidadanía. O Consello
adhírese ás protestas dos Colexios de Avogados de Lugo e Santiago e apoia á
Comisión Mixta Xunta-TSX a que realice as xestións convenientes para que se
creen de inmediato ditos órganos xudiciais.
Leer comunicado de prensa en castellano