O 12 de xullo é a data sinalada cada ano para a celebración do Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio, para defender e divulgar o labor realizado por todos e todas a avogadas de oficio, 24 horas ao día, 365 días ao ano, a través dos Servizos de Asistencia Xurídica Gratuíta e da Quenda de Oficio.
Segundo o XIII Informe do Observatorio da Xustiza Gratuíta, realizado polo CGAE (Consejo General de la Abogacía Española) en colaboración con Wolters Kluwer, Galicia reduciu un 3,5% a súa inversión en Xustiza Gratuíta.
Con isto, pasa a ser a comunidade autónoma que máis reduciu a súa inversión con respecto ao anterior, por mor dos catro meses de folga dos funcionarios da Administración de Xustiza galega.
A continuación ofrecemos varios recursos sobre este servizo fundamental para a cidadanía:
- Tanto se es un cidadán coma se es un avogado ou avogada, desde este microsite preparado polo CGAE poderás acceder a información de interese.
- Desde aquí poderás descargar o XIII Informe do Observatorio da Xustiza Gratuíta.
- Este vídeo a modo de presentación resume en que consiste e como funciona o servizo da Xustiza Gratuíta:
Xustiza Gratuita from Abogacía Española on Vimeo
- A través desta vídeo-serie de debuxos animados, exemplifícanse tres casos nos que se podería solicitar o servizo:
Turno De Oficio_Desahucio from Abogacía Española on Vimeo.
Turno De Oficio_ Agresion from Abogacía Española on Vimeo.
Turno De Oficio_ Despido from Abogacía Española on Vimeo.