Apertura do ano xudicial

Hoxe 6 de outubro, ás 12.30 h., tivo lugar no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na Coruña, o acto de apertura do ano xudicial, ao que asistiron os decanos dos 7 Colexios de avogados de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo).

No acto, Miguel Ángel Cadenas Sobreira, presidente do TSXG, destacou a independencia dos xuíces e a necesidade de afrontar reformas para acadar unha xustiza eficiente e moderna.

Pola súa parte, o fiscal superior de Galicia, Fernando Suances, presentou a Memoria da Fiscalía e tratou o proceso de implantación das novas tecnoloxías.

 

ano xudicial 2016(1)

De esquerda a dereita: Pilar López-Guerrero Vázquez, decana do ICA Ourense e secretaria-tesoureira do Consello da Avogacía Galega; Ramón Jáudenes López de Castro, decano do ICA Pontevedra; Evaristo Nogueria Pol, decano do ICA Santiago e presidente do Consello da Avogacía Galega; Miguel Ángel Cadenas Sobreira, presidente do TSXG; Milagros Otero Parga, Valedora do pobo; Nieves Santomé Couto, decana do ICA Ferrol; Lourdes Carballo Fidalgo, decana do ICA Vigo; Augusto Pérez-Cepeda Vila, decano do ICA Coruña; e Félix Mondelo Santos, decano do ICA Lugo e vicepresidente do Consello da Avogacía Galega.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información.