Curso de Dereito de Familia

O dereito de familia regula as relacións das persoas pertencentes á institución familiar entre si e respecto de terceiros, tanto nos seus aspectos persoais coma patrimoniais.

Tendo en conta a importancia da familia, como unidade básica da sociedade , faise necesario coñecer as ferramentas xurídicas que regulan determinados procesos ou situacións que poden suceder dentro do ámbito familiar.

Neste curso analízanse as fases do procedemento contencioso nos procesos de separación, divorcio e nulidade, a liquidación da sociedade de gananciais, o procedemento de modificación de medidas, o procedemento de menores e as unións de feito.

A formación é impartida integramente en liña e supón 150 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 28 de febreiro do 2019.

A actividade formativa estará titorizada por tres avogadas especializadas en Dereito civil:  María Lourdes Carballo Fidalgo, María del Pilar Cortizo Mella e Ana Daría Salas Iglesias.

 

Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como froito desta colaboración, os alumnos poderán rexistrarse gratuitamente nunha biblioteca dixital da editorial, a escoller entre as seguintes materias: Dereito administrativo, Dereito civil e Dereito Fiscal/Dereito laboral.

 

Inscrición

O prazo de inscrición remata o 30 de setembro do 2018. A matrícula realizarase a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .

As consultas coas titoras do curso e a opción de descarga do certificado de aproveitamento estarán dispoñibles a partir de setembro.

 

Prezo do curso:

  • Avogados/as e alumnos/as do Máster: 50 €
  • Colexiados/as non exercentes: 70 €

 

Máis información

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies