Nova edición das Xornadas de Dereito de Familia

Un ano máis, o  Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega, en colaboración coa Asociación Española de Abogados de Familia, organizan estas xornadas, que supoñen un punto de encontro para os profesionais que se dedican ao dereito de familia.

Con aforo limitado, nelas daranse cita prestixiosos xuristas para abordar cuestións de máxima actualidade relativas ao ámbito da familia tales como as novidades xurisprudenciais nesta rama do dereito, os plans de parentalidade como novas ferramentas da mediación familiar, o divorcio internacional, a Segunda Oportunidade, así coma unha análise acerca dos procedementos civís e violencia de xénero con todos os axentes que interveñen neles.

As III Xornadas de  Dereito de Familia terán lugar os días 16 e 17 de marzo na Fundación Barrié.

Máis información na web das Xornadas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies