A avogacía da Quenda de Oficio, Premio Meninas 2020 pola súa labor na asistencia ás mulleres vítimas da violencia de xénero

A avogacía da Quenda de Oficio, Premio Meninas 2020 pola súa labor na asistencia ás mulleres vítimas da violencia de xénero

  • Recibirá este premio mañá nun acto que terá lugar na Delegación do Goberno de Galicia e no que participará o Presidente do Consello da Avogacía Galega
  • O Consello da Avogacía Galega abre hoxe o seu curso especializado de Violencia sobre a muller

A Coruña,25 de novembro de 2020. A avogacía da Quenda de Oficio de Galicia recibirá mañá o Premio Meninas 2020 pola súa labor na asistencia ás mulleres vítimas da violencia de xénero. Estes premios, entregados pola Delegación do Goberno de Galicia, recoñecen o traballo de persoas e institucións en materia de igualdade. Ao acto de entrega asistirá Ramón Jáudenes, presidente do Consello da Avogacía Galega, e Luís Torres, vicepresidente.

En Galicia, preto de 1.500 avogadas e avogados están inscritos na quenda de oficio para prestar asistencia xurídica a mulleres vítimas de violencia de xénero, 24 horas ao día, 365 días ao ano. O labor da avogacía da quenda de oficio é fundamental para asistir ás vítimas no momento de presentar a denuncia na policía ou no xulgado, e para asesoralas sobre os seus dereitos e os dos fillos menores.

O Consello da Avogacía Galega agradece o recoñecemento. Non só polos seus coñecementos xurídicos e experiencia profesional; tamén pola súa sensibilidade para apoiar a estas mulleres vítimas desde o primeiro minuto, neses momentos tan complexos para elas, dándolles confianza na xustiza.

Nova edición do curso de Violencia sobre a muller

Coincidindo coa celebración hoxe do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Consello da Avogacía Galega abre a inscrición dunha nova edición do curso de Violencia sobre a muller e trata de seres humanos, que na anterior edición contou coa participación de máis de 1.400 avogadas e avogados.

Este curso ofrece formación obrigatoria e gratuíta para a pertenza á quenda de oficio específica de violencia de xénero, e terá unha carga lectiva de 300 horas. Prestado íntegramente con recursos do Consello da Avogacía Galega, conta coa participación de letradas especialistas e expertos/as nas diferentes disciplinas relacionadas: xuridica, penal, procesual, asistencial, médico-legal, psicolóxica, e policial. Ademais completarase cun cun programa de webinars, en colaboración cos colexios da avogacía.

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies