Luis Torres Foira, novo decano do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol

Luis Torres Foira, vicedecano da anterior Xunta de Goberno, tomou hoxe posesión como decano do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol.

Tendo sido presentada en prazo a candidatura para a provisión de todos os cargos da Xunta de Goberno e reunindo os candidatos presentados os requisitos legais esixidos ao efecto, o día 11 de xuño procedeuse á proclamación e relación do listado de membros da Xunta de Goberno, cuxa candidatura conxunta contou como diputados con Fernando Barro Sabín, Clara Isabel Vilariño López, Ramón Artime Cot e Elvira Miramontes Mas.

Como tesoreira foi nomeada Carolina López Maiztegui; como contadora, María Iladid Santamarina Lobeiras; como bibliotecario, José Ángel Sanz López; e como secretario Julio Barros Casal.

Noraboa, decano, e benvido ao Consello.

 

Ler entrevista a Luis Torres Foira na Voz de Galicia

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies