A avogacía da quenda de oficio de violencia de xénero recibirá o 23 de novembro o XII Premio do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero

O  próximo 23 de novembro terá lugar en Madrid, no Salón de Actos do Consejo General del Poder Judicial, a entrega do XII Premio do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero. Este ano, un dos premios recae sobre as avogadas e os avogados da quenda de oficio de violencia de xénero, en recoñecemento ao seu traballo coas víctimas.

Desde o Consello queremos recoñecer este importante labor e felicitar a todas e todos os compañeiros da quenda.

Neste enlace pódese ler o anuncio da concesión do Premio polo CGPJ.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies