O Tribunal Supremo senta xurisprudencia en materia de gastos hipotecarios

A metade do gasto notarial de constitución da hipoteca corresponde ao banco

O Pleno da Sala Primeira, do Civil, do Tribunal Supremo ven de ditar no día de hoxe, 28 de febreiro de 2018,  dúas importantes sentenzas correlativas en materia de consumo, relativas á reclamación á entidade bancaria dos gastos de constitución do préstamo hipotecario aboados polo cliente consumidor. Resólvense así unha parte dos supostos de dúbida respecto á cuestión de a quen corresponde aboar eses gastos, e, esperamos, servirá para diminuir o número de litixios. Algo que non evitou nin a morna actuación da Administración en materia de Consumo, nin a irracional medida da creación, polo CGPJ, dos xulgados uniprovinciais, actualmente recorrida en vía contencioso administrativa polo Consello da Avogacía Galega, perante o propio Tribunal Supremo

Estas sentenzas, que se farán públicas en breve, con toda seguridade serán invocadas en miles de litixios polos profesionais da avogacía como argumento de apoio á petición de devolución dos gastos adiantados de constitución da hipoteca polos prestatarios.

Segundo o TS, nunha nota publicada hoxe na súa sede electrónica, «a) Por la constitución del préstamo, el pago incumbe al prestatario. Sobre este particular, se remite a la jurisprudencia constante de la Sala Tercera, de lo Contencioso-Administrativo, del Tribunal Supremo, que ha establecido que el sujeto pasivo del impuesto es el prestatario. b) Por el timbre de los documentos notariales, el impuesto correspondiente a la matriz se abonará por partes iguales entre prestamista y prestatario, y el correspondiente a las copias, por quien las solicite».

Podes descargar a nota na seguinte ligazón:

Nota Sala de lo Civil TS 28 feb 2018

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies