Este curso busca formar aos letrados e letradas nas actualizacións acaecidas pola publicación da Lei 15/2015 da Xurisdición Voluntaria, que desxudicializa determinadas actuacións que antes eran de competencia exclusiva dos xuíces e agora son competencia dos letrados da Administración de Xustiza, notarios e rexistradores da propiedade.
A formación é impartida integramente en liña e supón 60 horas lectivas.
O prazo de inscrición rematou o 15 de novembro. O prazo para a realización do curso remata o 28 de febreiro do 2017.
Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para máis información: