Hoxe terá lugar ás 13.30 horas, no salón de actos do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, a celebración do 25 Aniversario do Consello da Avogacía Galega.
O acto estará presidido pola presidenta do Consejo General de la Abogacía Española, Victoria Ortega Benito, e polos decanos dos sete colexios de avogados de Galicia.
Entre as autoridades que confirmaron a súa asitencia ao acto atópanse o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o Director Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José Martín Álvarez, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas Sobreira, e os presidentes das audiencias provinciais da Coruña, Lugo e Ourense. Tamén asistirán presidentes do Consello anteriores a Félix Mondelo e ex decanos dos colexios de avogados galegos.