Curso de Dereito das Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación

Curso de Dereito das Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación

AMPLIAMOS O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 15 DE OUTUBRO

Este curso pretende abordar dunha forma clara e sistemática,  pero sobre todo dunha forma completa e rigorosa, as principais cuestións prácticas relativas ao Dereito e as tecnoloxías da información e a comunicación (as chamadas TICs) coas que un xurista pode atoparse no desenvolvemento da súa actividade profesional.

Ao finalizar o curso, os profesionais que o superen terán un coñecemento xeral e completo do Dereito internacional, comunitario e nacional sobre as principais cuestións do Dereito e as novas tecnoloxías.


De interese:

  • Coordinación:
    • José María Lozoya Pérez, avogado especializado en Dereito das TIC e protección de datos.
    • Vicente Gómez Loureda, delegado de protección de datos certificado.
  • Modalidade: en liña.
  • Nº horas: 100.
  • Prezo: 75 euros, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes e alumnos/as do Máster da Avogacía.
  • Prazo de matrícula: ata o 15 de outubro do 2019.
  • Lugar de matrícula: http://avogacia.gal/formacion .
  • Remate do curso: 28 de febreiro do 2019.



Para máis información:


Este curso está organizado polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios de Avogados de Galicia e Thomson Reuters Aranzadi.


IMPORTANTE: estamos a realizar melloras na plataforma formativa. En breve, poderás descargar as túas facturas de formación desde a propia aula virtual. Por favor, antes de matricularte en calquera curso (que non sexa gratuíto), lembra actualizar AQUÍ os teus datos de facturación. Do contrario, a factura xerada podería presentar información incorrecta, o que suporía varias xestións administrativas.


Acceso á aula virtual
Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies