Curso de Dereito de Estranxeiría 2022

Curso de Dereito de Estranxeiría 2022

MATRÍCULA ABERTA

As migracións convertíronse nun proceso demográfico natural que non é alleo a ningunha rexión do planeta ou momento histórico, mais a cifra de persoas migrantes foi crecendo progresivamente no século XXI. Este incremento ten varios motivos, entre os que se atopan a violencia, a pobreza, o cambio climático ou os conflitos armados. Estes últimos moi presentes na actualidade debido á guerra entre Rusia e Ucrania.

A avogacía galega é consciente de que o seu papel é fundamental na asistencia aos afectados e afectadas por este tipo de acontecementos. De aí que sexa necesario ofrecer aos letrados e letradas unha formación de calidade que lles permita desenvolver o seu traballo da forma más eficaz e eficiente posible.

Así, preséntase a 4ª edición de este curso, redactada e coordinada un ano máis por Juan José Vázquez Rodríguez, xefe da Unidade de Asesoramento ás Migracións do Concello da Coruña. O temario contén as seguintes novidades con respecto á edición anterior:

  • Modificacións no Regulamento de Estranxeiría con respecto aos menores estranxeiros.
  •  Modificacións na Directiva Europea referente á residencia de longa duración e á tarxeta azul.
  • Novas autorizacións no ámbito da mobilidade internacional.
  • Disposicións recentes con motivo da situación dos refuxiados ucranianos.

Características do curso:

  • Modalidade: en liña.
  • Nº horas: 100.
  • Prezo: gratuíto, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes e alumnos/as do Máster de Acceso á Avogacía.
  • Lugar de matrícula: https://formacion.avogacia.gal

Para máis información:

  • Ver folleto.
  • Ver guía.
  • Contactar co Consello no enderezo electrónico redes@avogacia.gal ou no teléfono 981 121 893.

Esta actividade formativa está organizada polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios da Avogacía de Galicia

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies