Convenios para a formación en materia de violencia de xénero e para a atención xurídica a vítimas de violencia sexual

Convenios para a formación en materia de violencia de xénero e para a atención xurídica a vítimas de violencia sexual

No día de hoxe, 6 de xullo, a Xunta de Galicia e o Consello da Avogacía Galega asinaron os seguintes convenios:

  • Convenio de formación en materia de violencia de xénero para a avogacía galega: axudará ao financiamento da formación tanto presencial como permanente dos profesionais neste eido.
  • Convenio para a atención xurídica das mulleres vítimas de agresións sexuais: permitirá a asistencia integral das vítimas desde antes da interposición da denuncia, nos casos en que a actuación non estea cuberta pola quenda de oficio.

Ambos os dous convenios producirán efectos a partir da súa sinatura e até o 31 de decembro de 2023.

Estes dous convenios súmanse aos asinados coa Dirección Xeral de Xustiza (indemnización aos letrados/as de oficio pola defensa de persoas xurídicas e o de asistencia a menores vítimas de violencia).


Consultar texto do convenio de formación en materia de violencia de xénero

Consultar texto de convenio para a atención xurídica das mulleres vítimas de agresións sexuais

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies