Servizo de intermediación

Servizo de intermediación en materia de vivenda

Acceda a la información del servicio en español


Descrición:
A Lei de Axuizamento civil, logo da reforma operada pola Lei polo dereito á vivenda, establece un procedemento de conciliación ou intermediación que deberán establecer as administracións públicas competentes nos procesos de desafiuzamento cando concorran as seguintes circunstancias:

  1. Que a parte actora teña a condición de gran tenedora
  2. Que o inmoble obxecto de demanda constitúa vivenda habitual da persoa ocupante e
  3. Que a mesma se atope en situación de vulnerabilidade económica

No que respecta á comunidade autónoma de Galicia, a Xunta de Galicia estableceu o procedemento de intermediación a través dun convenio asinado entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Consello da Avogacía Galega (CAG).

Dito convenio establece que o servizo de intermediación prestarase a través do Instituto Galego de Mediación e Arbitraxe (INGALMAR), dependente do CAG, e os colexios da avogacía de Galicia, a través dos seus respectivos servizos de mediación.

Solicitude de iniciación:
Se desexa iniciar ese procedemento de intermediación, deberá encher o seguinte formulario (deberá identificarse mediante certificado dixital):


FORMULARIO PARA SOLICITAR PROCEDEMENTO DE INTERMEDIACIÓN
– Lembre asinar o formulario antes de pechar a sesión


Taxas do servizo de intermediación:
O Servizo ten una taxa para o solicitante de 50 euros (non suxeita a IVE) polos trámites de iniciación, que deberá ingresar no seguinte número de conta, indicando como concepto «Intermediación + Nome do vulnerable»: ES73 2080 3808 8530 4001 5731

Unha vez iniciado o procedemento, infórmase de que cada sesión de mediación terá un custe de 50 euros, aos que se aplicarán a retención e o IVE correspondentes, prevéndose un máximo de dúas sesións por procedemento.

A Xunta de Galicia subvencionará, mediante o convenio asinado entre o Consello da Avogacía Galega e o IGVS, a parte correspondente á persona ocupante da vivenda en situación de vulnerabilidade

O xustificante de pagamento deberá anexarse á solicitude de procedemento de intermediación.

Dúbidas:
En caso de calquera dúbida, pode poñerse en contacto co Consello polos seguintes medios:
– Teléfono 981 120 884
Contacto para consultas.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies