Servizo de intermediación

Servizo de intermediación en materia de vivenda

Descrición:
A Lei de Axuizamento civil, logo da reforma operada pola Lei polo dereito á vivenda, establece un procedemento de conciliación ou intermediación que deberán establecer as administracións públicas competentes nos procesos de desafiuzamento cando concorran as seguintes circunstancias:

  1. Que a parte actora teña a condición de gran tenedora
  2. Que o inmoble obxecto de demanda constitúa vivenda habitual da persoa ocupante e
  3. Que a mesma se atope en situación de vulnerabilidade económica

No que respecta á comunidade autónoma de Galicia, a Xunta de Galicia estableceu o procedemento de intermediación a través dun convenio asinado entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Consello da Avogacía Galega (CAG).

Dito convenio establece que o servizo de intermediación prestarase a través do Instituto Galego de Mediación e Arbitraxe (INGALMAR), dependente do CAG, e os colexios da avogacía de Galicia, a través dos seus respectivos servizos de mediación.

Solicitude de iniciación:
Se desexa iniciar ese procedemento de intermediación, deberá encher o seguinte formulario (deberá identificarse mediante certificado dixital):


SOLICITUDE DE PROCEDEMENTO DE INTERMEDIACIÓN

Taxas do servizo:
O Servizo ten una taxa para o solicitante de 100 euros máis IVE por iniciación e a primeira sesión, máis outros 50 euros por cada sesión que se celebre a maiores, prevéndose un máximo de dúas.

Debe realizarse un ingreso de 100 euros máis IVE (50 pola tramitación e 50 pola primeira sesión e certificación da acta) no seguinte número de conta: ES04 0216 8987 4806 0019 5812

O xustificante de pagamento deberá anexarse á solicitude de procedemento de intermediación.

Dúbidas:
En caso de calquera dúbida, pode poñerse en contacto co Consello polos seguintes medios:
– Teléfono 900 121 221
– Consulta por escrito a través deste formulario.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies