O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o desenvolvemento de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia, de acoso escolar e de ciberacoso.
Froito dese Convenio xurde o programa de clases en liña, gratuíto e aberto a todos e todas as profesionais da avogacía galega, para mellorar a súa formación en materia de menores.
Aqueles e aquelas interesados en inscribirse no programa de clases en liña deberán premer AQUÍ e cubrir o formulario.
O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa. Non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.