O 9 de outubro, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou ambos os dous convenios de colaboración co presidente do Consello da Avogacía Galega, Ramón Jáudenes, e co presidente do Consello Galego de Procuradores dos Tribunais, Fernando González-Concheiro.
O obxectivo é levar a cabo acccións de formación especializada para avogados e procuradores sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero, no marco das axudas do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero. Ao acto tamén acudiron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín e o decano do Colexio de Avogados de Santiago, Francisco Rabuñal.