Hoxe 6 de outubro, ás 12.30 h., tivo lugar no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na Coruña, o acto de apertura do ano xudicial, ao que asistiron os decanos dos 7 Colexios de avogados de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo).
No acto, Miguel Ángel Cadenas Sobreira, presidente do TSXG, destacou a independencia dos xuíces e a necesidade de afrontar reformas para acadar unha xustiza eficiente e moderna.
Pola súa parte, o fiscal superior de Galicia, Fernando Suances, presentou a Memoria da Fiscalía e tratou o proceso de implantación das novas tecnoloxías.