Skip to main content

Asistencia a refuxiados

 

O Consello Xeral da Avogacía Española ven de por en marcha un Rexistro de avogados especializados en materia de inmigración e asilo que se porá a disposición das autoridades españolas e da UE para abordar a asistencia xurídica de potenciais refuxiados e persoas desprazadas.

O Consello da Avogacía Galega secunda esa iniciativa e artellará as accións na nosa comunidade autónoma.

Esa asistencia prestarase tanto a nivel nacional e local, como nos denominados hotspots (puntos quentes europeos) para colaborar in situ cos avogados e autoridades dos países afectados se así o demandasen.

Os avogados que desexen formar parte deste rexistro deben dirixirse a registro.asilo@abogacia.es.

Así mesmo, creouse un Comité de Crise presidido por Carlos Carnicer, presidente do Consello Xeral da Avogacía Española, e coordinado por Oriol Rusca, vicepresidente do Consello e presidente da Comisión de Relacións Internacionais da Avogacía Española. O comité estará formado por especialistas en materia de inmigración e asilo e será o encargado de coordinar as actuacións que se desenvolvan nos próximos días en relación coa crise de refuxiados e desprazados.

Por outra banda, o presidente do Consello Xeral da Avogacía Española, Carlos Carnicer, dirixiuse ao Ministerio de Asuntos Exteriores, aos presidentes do Parlamento Europeo, da Comisión Europea e do Consello de Europa, así como ao do Consello da Avogacía Europea (CCBE) e aos das avogacías dos países afectados por esta crise humanitaria para ofrecer a colaboración da Avogacía Española na coordinación das actuacións encamiñadas a atender as necesidades xurídicas dos refuxiados.

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies