PagePage

Author Archive admin

Xuntanza entre o Consello da Avogacía Galega e representantes do comité de Folga de Xustiza

Nota de prensa

 

A Coruña, 2 de abril de 2018. Na mañá de hoxe, día 2 de abril, tivo lugar unha xuntanza entre o Consello da Avogacía Galega e o comité de folga de Xustiza, na sede do Consello na Coruña. O presidente do Consello, Félix Mondelo Santos, acompañado polo decano do Colexio de Avogados da Coruña, e coa delegación dos outros 5 decanos e decanas de Galicia, atendeu durante ao redor de hora e media aos representantes sindicais que conforman o comité.

Read More

Apertura de matrícula de novos cursos

O Consello abre a matrícula para dous cursos en liña, dirixidos aos profesionais da avogacía galega:

Read More

Curso de Dereito Concursal

A necesidade que teñen os letrados e letradas de formarse no Dereito Concursal radica na importancia de coñecer os principios básicos que inspiran o conxunto de normas xurídico privadas que se ocupan de regular as crises económicas empresariais.

Neste curso analízanse todas as cuestións que determinan as actuacións a levar a cabo no procedemento concursal e que desembocan no auto de declaración do concurso, e todo actualizado segundo os cambios introducidos pola última normativa.

A formación é impartida integramente en liña e supón 90 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 30 de setembro do 2018.

José Ignacio Losada Castillo, avogado e administrador concursal, será o formador responsable de atender as dúbidas dos alumnos.

 

Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Inscrición

O prazo de inscrición remata o 30 de abril do 2018. A matrícula realizarase a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .

Prezo do curso:

  • Colexiados/as exercentes e alumnos/as de Máster: 70 €
  • Colexiados/as non exercentes: 90 €

 

Máis información

Tags, ,

Curso de Sociedades Mercantís

Neste curso realízase un profundo estudo dos órganos sociais que interveñen no tráfico mercantil das sociedades anónimas, xunto co réxime de disolución e liquidación que afecta a este tipo de sociedades, así como as operacións de ampliación e redución de capital.

A actividade formativa consta de dez unidades temáticas, que permitirá a autoavaliación dos alumnos e alumnas a través de cuestionarios de corrección automática.

A formación é impartida integramente en liña e supón 60 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 30 de setembro do 2018.

Sara Menor  Conde, avogada e profesora na área de Dereito Mercantil na Universidade de Vigo, será a formadora responsable de atender as dúbidas dos alumnos.

 

Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Inscrición

O prazo de inscrición remata o 30 de abril do 2018. A matrícula realizarase a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .

Prezo do curso:

  • Colexiados/as exercentes e alumnos/as de Máster: 50 €
  • Colexiados/as non exercentes: 70 €

 

Máis información

Tags, ,

O Tribunal Supremo senta xurisprudencia en materia de gastos hipotecarios

A metade do gasto notarial de constitución da hipoteca corresponde ao banco

O Pleno da Sala Primeira, do Civil, do Tribunal Supremo ven de ditar no día de hoxe, 28 de febreiro de 2018,  dúas importantes sentenzas correlativas en materia de consumo, relativas á reclamación á entidade bancaria dos gastos de constitución do préstamo hipotecario aboados polo cliente consumidor. Resólvense así unha parte dos supostos de dúbida respecto á cuestión de a quen corresponde aboar eses gastos, e, esperamos, servirá para diminuir o número de litixios. Algo que non evitou nin a morna actuación da Administración en materia de Consumo, nin a irracional medida da creación, polo CGPJ, dos xulgados uniprovinciais, actualmente recorrida en vía contencioso administrativa polo Consello da Avogacía Galega, perante o propio Tribunal Supremo

Read More

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies