Galicia. Venres 24 de abril de 2026. O Consello da Avogacía Galega (CAG), que agrupa aos sete colexios da avogacía da comunidade, quere facer público o total apoio ás reivindicacións de todas as persoas mutualistas afectadas. É o momento de que as institucións se fagan eco dun sentir común na nosa profesión. Por iso, ante a actual tramitación lexislativa no Congreso dos Deputados, o Consello quere manifestar:
1) Apoio á Pasarela ao RETA: Instamos a todos os partidos políticos e grupos parlamentarios a que apoien unha Lei que regule unha pasarela ao RETA “xusta e voluntaria” para todas as persoas mutualistas que así o desexen.
2) Dignidade para os sectores máis veteranos: Valoramos positivamente as enmendas transaccionais que propoñen recoñecer cada mes na mutualidade como un mes de alta na Seguridade Social para as persoas maiores de 55 anos. Trátase dunha medida de xustiza básica para quen dedicou toda a súa vida ao exercicio profesional.
3) Garantía de pensións dignas: Non podemos permitir que ninguén, incluídas as persoas que xa están percibindo unha prestación (persoal pasivo), reciba unha contía inferior ao 100% da pensión mínima do sistema público.
O CAG seguirá traballando para que o texto final da Lei elimine barreiras temporais e garanta que ninguén quede atrás nesta transición,independentemente da súa data de alta ou situación administrativa.
Ante a situación actual, marcada pola falta de resposta da Dirección Xeral de Xustiza ás reiteradas reivindicacións do Consello Galego da Avogacía en relación coa necesaria e adecuada indemnización dos servizos de Xustiza Gratuíta, as Xuntas de Goberno dos Colexios da Avogacía de Galicia foron convocadas o pasado 18 de abril de 2026.
Reunidas para o efecto, as Xuntas de Goberno manifestan de forma unánime a urxente necesidade de incrementar os orzamentos destinados ao Servizo Público de Xustiza Gratuíta, así como de revisar e actualizar os actuais baremos indemnizadores, claramente insuficientes para garantir unha retribución digna ás avogadas e avogados que sosteñen este servizo esencial.
En consecuencia, acordan dar traslado inmediato destas reivindicacións á Dirección Xeral de Xustiza, instando á apertura, sen máis dilacións, dun proceso de negociación efectivo que permita resolver a situación actual e establecer un marco estable, xusto e acorde coa realidade profesional para o futuro da Xustiza Gratuíta en Galicia.
El Real Decreto 316/2026 introduce una reforma relevante del Reglamento de extranjería con el objetivo de facilitar la regularización e integración de personas migrantes en situación irregular, especialmente aquellas que llevan tiempo en España y no podían acceder a autorizaciones por vías ordinarias.
La norma incorpora nuevas figuras de arraigo y además establece un procedimiento ágil, con habilitación para trabajar desde el inicio de la solicitud y medidas de apoyo en la tramitación.
Este programa de formación está diseñado para dotar a los profesionales de la abogacía de las herramientas técnicas necesarias para afrontar el proceso de regularización extraordinaria de 2026. Permitirá abordar de forma práctica el nuevo marco jurídico, los procedimientos aplicables y los principales retos interpretativos que presenta su implementación.
Las dos primeras sesiones sientan las bases normativas y procedimentales, mientras que la tercera se reserva para el análisis crítico y el debate abierto sobre su aplicación práctica.
La inscripción se realizará a través de la plataforma Zoom.
El pago se solicitará una vez enviado el formulario de inscripción y se realizará a través de la misma página, mediante la pasarela de pago de PayPal.
Las personas que no dispongan de cuenta en PayPal podrán efectuar igualmente el pago desde la misma pasarela utilizando una tarjeta bancaria.
Ver programa formativo completo
[galego]
O Real Decreto 316/2026 introduce unha reforma relevante do Regulamento de estranxeiría co obxectivo de facilitar a regularización e integración de persoas migrantes en situación irregular, especialmente aquelas que levan tempo en España e non podían acceder a autorizacións por vías ordinarias.
A norma incorpora novas figuras de arraigo e ademais establece un procedemento áxil, con habilitación para traballar desde o inicio da solicitude e medidas de apoio na tramitación.
Este programa de formación está deseñado para dotar aos profesionais da avogacía das ferramentas técnicas necesarias para afrontar o proceso de regularización extraordinaria de 2026. Permitirá abordar de forma práctica o novo marco xurídico, os procedementos aplicables e os principais retos interpretativos que presenta a súa implementación.
As dúas primeiras sesións sentan as bases normativas e procedementais, mentres que a terceira se reserva para a análise crítica e o debate aberto sobre a súa aplicación práctica.
A inscrición realizarase a través de Zoom.
O pagamento solicitarase unha vez enviado o formulario de inscrición e realizarase a través da mesma páxina, mediante a pasarela de pagamento de PayPal.
As persoas que non dispoñan de conta en PayPal poderán efectuar igualmente o pagamento desde a mesma pasarela utilizando unha tarxeta bancaria. Unha vez aboado o custo da xornada, remitirase a ligazón para a conexión ao enderezo electrónico indicado na inscrición.
Ver programa formativo completo
Esta xornada terá lugar o 19 de febreiro de 2026, en horario de 16 a 20 horas, en modalidade exclusivamente en liña.
Está organizada pola Sección de Dereito de Danos e Responsabilidade Civil do Colexio da Avogacía de Vigo, coa colaboración do Consello da Avogacía Galega.
Modera: Carlos Jacinto Rial Suárez. Avogado e coordinador da Sección de Formación de Responsabilidade Civil e Danos do ICA Vigo.
A inscrición ten un custo de 10 euros e realizarase a través de Zoom.
O pagamento solicitarase unha vez enviado o formulario e realizarase a través da mesma páxina de inscrición, mediante a pasarela de pago de PayPal. As persoas que non dispoñan de conta en PayPal poderán efectuar igualmente o pagamento desde a mesma pasarela utilizando unha tarxeta bancaria.
Unha vez aboado o custo da xornada, remitirase a ligazón para a conexión ao enderezo electrónico indicado na inscrición.
O Consello da Avogacía Galega anunciou hoxe que non asinará o convenio de baremo da quenda de oficio para 2026, que sustituiría ao convenio asinado no 2021 que remata este mes, ao considerar que a proposta económica da Xunta de Galicia é manifestamente insuficiente e non garante a continuidade digna do servizo público de xustiza gratuíta. A decisión foi manifestada á Dirección Xeral de xustiza, na última reunión celebrada este mesmo mes de novembro.