Neste curso realízase un profundo estudo dos órganos sociais que interveñen no tráfico mercantil das sociedades anónimas, xunto co réxime de disolución e liquidación que afecta a este tipo de sociedades, así como as operacións de ampliación e redución de capital.
A actividade formativa consta de dez unidades temáticas, que permitirá a autoavaliación dos alumnos e alumnas a través de cuestionarios de corrección automática.
A formación é impartida integramente en liña e supón 60 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 30 de setembro do 2018.
Sara Menor Conde, avogada e profesora na área de Dereito Mercantil na Universidade de Vigo, será a formadora responsable de atender as dúbidas dos alumnos.
Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Inscrición
O prazo de inscrición remata o 30 de abril do 2018. A matrícula realizarase a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .
Prezo do curso:
Máis información
O Pleno da Sala Primeira, do Civil, do Tribunal Supremo ven de ditar no día de hoxe, 28 de febreiro de 2018, dúas importantes sentenzas correlativas en materia de consumo, relativas á reclamación á entidade bancaria dos gastos de constitución do préstamo hipotecario aboados polo cliente consumidor. Resólvense así unha parte dos supostos de dúbida respecto á cuestión de a quen corresponde aboar eses gastos, e, esperamos, servirá para diminuir o número de litixios. Algo que non evitou nin a morna actuación da Administración en materia de Consumo, nin a irracional medida da creación, polo CGPJ, dos xulgados uniprovinciais, actualmente recorrida en vía contencioso administrativa polo Consello da Avogacía Galega, perante o propio Tribunal Supremo
Un ano máis, o Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega, en colaboración coa Asociación Española de Abogados de Familia, organizan estas xornadas, que supoñen un punto de encontro para os profesionais que se dedican ao dereito de familia.
A Coruña, 5 de febreiro de 2018. Ante a folga indefinida convocada polos funcionarios públicos ao servizo da Administración de Xustiza a partir do próximo día sete de febreiro, o Consello da Avogacía Galega quere realizar as seguintes declaracións:
O Consello abre a matrícula para dous cursos en liña, dirixidos aos profesionais da avogacía galega: