O próximo 23 de novembro terá lugar en Madrid, no Salón de Actos do Consejo General del Poder Judicial, a entrega do XII Premio do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero. Este ano, un dos premios recae sobre as avogadas e os avogados da quenda de oficio de violencia de xénero, en recoñecemento ao seu traballo coas víctimas.
Rematado o prazo de presentación de candidaturas, e dado que a súa foi a única presentada, Ramón Jáudenes López de Castro foi reelexido decano do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra, cargo que ostenta desde decembro do 2011.
Achegamos a nota de prensa do CGAE (Consejo General de la Abogacía Española) informando de que o seu Pleno, celebrado o pasado venres 21 de outubro, acordou redefinir a súa estratexia tecnolóxica, que entre outras cousas implica a transición de Lexnet Abogacía cara a plataforma do Ministerio de Xustiza.
Hoxe 6 de outubro, ás 12.30 h., tivo lugar no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na Coruña, o acto de apertura do ano xudicial, ao que asistiron os decanos dos 7 Colexios de avogados de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo).
Estranxeiría, Oratoria, Reforma do Código Penal e Xurisdición Voluntaria. Son as materias dos novos cursos que organiza o Consello.
O prazo de matrícula amplíase ata o 15 de novembro do 2016.
Todos celebraranse integramente en liña, agás o de oratoria, que será semipresencial e contará cunha parte teórica.
Máis información na sección Cursos actuais.