PagePage
O Consello da Avogacía Galega asinou un novo convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, mediante o cal o CAG presta os seguintes servizos:
– Asesoramento gratuíto para evitar que persoas en situación de desamparo perdan a súa vivenda habitual ou, no seu caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda.
– Asesoramento gratuíto para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar ante esta situación.
– Procedemento de intermediación previsto na Lei polo dereito á vivenda
Consultar texto convenio
Asesoramento gratuíto
Como froito dese convenio, póñense a disposición da cidadanía dúas vías:
Intermediación
Ademais, este ano o convenio incorpora unha novidade: a prestación do servizo de intermediación en materia de desafiuzamento, de acordo coa Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda, entre grandes tenedores e persoas en risco de perder a súa vivenda.
O CAG elaborou dúas guías informativas referidas aos trámites de
carácter administrativo ou xudicial no ámbito relacionado cos dereitos e
obrigas das persoas afectadas por desafiuzamentos ou ocupación ilegal
da vivenda.
Desafiuzamento de vivendas. Guía informativa para persoas afectadas
A ocupación ilegal da vivenda. Guía informativa para persoas afectadas
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, asinou esta mañá un novo convenio co presidente do Consello da Avogacía Galega, Augusto Pérez-Cepeda.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2024. Nun encontro clave dentro das negociacións para a mellora da prestación da asistencia xurídica gratuíta, o Consello da Avogacía Galega e a Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia lograron avances significativos hoxe, tras unha reunión produtiva que contou coa presenza dos decanos e decanas dos sete colexios da avogacía de Galicia e o Director Xeral de Xustiza. Este encontro, marcado polo diálogo construtivo e o compromiso mutuo, resultou en acordos fundamentais que reflicten optimismo cara á consecución das reivindicacións históricas da avogacía.
Os días 12 e 13 de abril terá lugar unha nova edición das Xornadas de Dereito de Familia, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e polo Consello da Avogacía Galega.
O Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo, en colaboración co Consello da Avogacía Galega, organiza unha xornada que se retransmitirá vía streaming para toda a avogacía galega, sobre as modificacións lexislativas introducidas polo Real Decreto-Lei 6/2023, de 19 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servizo público de xustiza, función pública, réxime local e mecenado.