En conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Observatorio Galego da Violencia de Xénero convida a toda a poboación a gardar un minuto de silencio ás 12:00 horas do venres, 25 de novembro de 2022, en calquera punto no que se atope, en recordo e homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e como mostra de repulsa ante un problema estructural, que nos involucra a toda a sociedade.
Autor: admin
Convenio para a atención profesional a vítimas de violencia sexual

O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade epara o desenvolvemento de accións de atención profesional a vítimas de violencia sexual no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Leer másPrograma de clases en liña en materia de violencia de xénero

O Consello da Avogacía Galega asinou un Convenio de Colaboración coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da Avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Leer másConferencia en liña de Vicente Magro Servet, Maxistrado do Tribunal Supremo
O próximo venres 28 de outubro, de 17 a 19 h., o Consello da Avogacía Galega emitirá a través de Zoom a seguinte conferencia en liña en materia de violencia de xénero, impartida por Vicente Magro Servet:
Leer más
Lourdes Carballo Fidalgo toma posesión como nova presidenta do Consello da Avogacía Galega
- Na mañá de hoxe tivo lugar o acto de toma de posesión na sede do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e contou coa asistencia dunha notable representación de autoridades de Galicia e de institucións vinculadas a Xustiza
- Sucede no cargo a Pilar López-Guerrero Vázquez