O 11 de maio o Consello da Avogacía Galega asinou un convenio coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o desenvolvemento de accións de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia.
Ante o anuncio da convocatoria da manifestación a nivel nacional que se celebrará en Madrid o próximo día vinte e sete de abril do presente ano, cuxo obxecto é, entre outras medidas, reivindicar melloras económicas e no servizo prestado na Quenda de Oficio, o Consello da Avogacía Galega, integrado polos sete Colexios da Avogacía de Galicia, emitiu un comunicado no que informa da súa postura ao respecto.
O Pleno do Consello da Avogacía Galega, reunido na data de 28 de xullo coa participación dos Decanos e Decanas dos sete Colexios da Avogacía de Galicia, elixiu como nova Presidenta do Consello a Pilar López-Guerrero Vázquez, Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, sucedendo no cargo a Ramón Jáudenes López de Castro.