Ante a situación actual, marcada pola falta de resposta da Dirección Xeral de Xustiza ás reiteradas reivindicacións do Consello Galego da Avogacía en relación coa necesaria e adecuada indemnización dos servizos de Xustiza Gratuíta, as Xuntas de Goberno dos Colexios da Avogacía de Galicia foron convocadas o pasado 18 de abril de 2026.
Reunidas para o efecto, as Xuntas de Goberno manifestan de forma unánime a urxente necesidade de incrementar os orzamentos destinados ao Servizo Público de Xustiza Gratuíta, así como de revisar e actualizar os actuais baremos indemnizadores, claramente insuficientes para garantir unha retribución digna ás avogadas e avogados que sosteñen este servizo esencial.
En consecuencia, acordan dar traslado inmediato destas reivindicacións á Dirección Xeral de Xustiza, instando á apertura, sen máis dilacións, dun proceso de negociación efectivo que permita resolver a situación actual e establecer un marco estable, xusto e acorde coa realidade profesional para o futuro da Xustiza Gratuíta en Galicia.

O Consello da Avogacía Galega asinou un Convenio de Colaboración coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da Avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
O próximo venres 28 de outubro, de 17 a 19 h., o Consello da Avogacía Galega emitirá a través de Zoom a seguinte conferencia en liña en materia de violencia de xénero, impartida por Vicente Magro Servet:
O Pleno do Consello da Avogacía Galega, reunido na data de 28 de xullo coa participación dos Decanos e Decanas dos sete Colexios da Avogacía de Galicia, elixiu como nova Presidenta do Consello a Pilar López-Guerrero Vázquez, Decana do Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense, sucedendo no cargo a Ramón Jáudenes López de Castro.