Skip to main content

O ICA de Lugo celebra o seu 175 aniversario

Co gallo da celebración dos 175 anos do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, o diario El Progreso entrevista ao seu decano e vicepresidente do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo Santos.

Leer más

Exención das taxas xudiciais ás persoas físicas

O Consello valora positivamente a modificación da coñecida coma Lei de Taxas xudiciais, algo máis de dous anos despois da súa publicación.

A modificación realizouse mediante a técnica do Real Decreto-Lei, probablemente ante a inminencia da resolución polo Tribunal Constitucional dos recursos interpostos contra ela por diversos partidos e entidades e nas proximidades das datas electorais. Así, ademais, o Goberno evita en gran medida os trámites parlamentarios, nos que tería que explicar o erro e a rectificación. A convalidación do Real Decreto-Lei, non obstante permitirá certo grao de debate parlamentario

Aquí a disposición

Velaí a entrevista concedida por Nieves Santomé, Presidenta do Consello da Avogacía Galega

 

 

 

 

Convocatoria 2015 para o exame de acceso á profesión

Este ano convócase a proba de acceso á profesión de avogado con so tres meses de antelación, e cambiando o programa con respecto ao do ano anterior. Isto foi obxecto de numerosas e comprensibles críticas.

Como novidade positiva, en Galicia celebrarase unha das convocatorias

 

So unha das 6 persoas integrantes do tribunal é profesional da avogacía. A súa designación realizarase polo Consejo General da Abogacía Española

Podes consultar a convocatoria premendo nesta ligazón

Para o trámite de inscrición preme aquí:

 

Se che vas presentar, … moita sorte!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies