PagePage
A celebración deste día coincide coa data de aprobación do primeiro texto lexislativo sobre mediación familiar en Europa. O 21 de xaneiro de 1998, o Comité de Ministros do Consello de Europa aprobou a Recomendación R(98) sobre Mediación Familiar.
Dende entón, esta ferramenta alternativa de resolución de conflitos foise consolidando nos eidos Familiar, Civil e Social, Mercantil e Penal, grazas ao impulso das institucións xudiciais e da avogacía.
Xornada que se celebrará o venres 16 no Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol.
Organizan o Colexio de Ferrol e a Fundación Avogacía Española. Colaboran FEAPS, CERMI e a Fundación ONCE.
Se o goberno húngaro persiste en manter este maltrato inhumano, manifestamente desproporcionado e ilegal, as autoridades europeas deberán impoñer sancións a Hungría.
A Constitución Española recoñece aos cidadáns sen recursos o acceso á Xustiza Gratuíta. Así, todos os cidadáns españois, os nacionais dos Estados membros da Unión Europea e os estranxeiros que residan en España, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar, disporán dun avogado e dun procurador de forma gratuíta. Este dereito tamén é recoñecido a outros suxeitos.