A Fundación INADE organiza esta xornada o 22 de abril en sesión matinal no Paraninfo da Universidade da Coruña, coa colaboración do Consello da Avogacía Galega, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Consello Galego de Colexios Médicos e o Consello Galego de Economistas.
O avogado Juan Antonio Armenteros Cuetos participará, en representación do Consello da Avogacía Galega, na mesa redonda «A visión gremial da responsabilidade civil profesional».
No transcurso da xornada presentarase oficialmente o sexto volume da colección Cadernos da Cátedra que, baixo o mesmo título, elaborou Xosé Manuel Busto Lago, catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña.
De que se falará:
- Da responsabilidade civil derivada de danos causados como consecuencia da realización de actividades profesionais.
- Da xestión do risco da RC profesional de avogados, arquitectos, economistas e médicos.
- Das solucións que proporciona a industria aseguradora para transferir o risco da RC profesional.
Programa da xornada
Acceso á inscrición