Servizo de asesoramento en materia de vivenda 2023

Servizo de asesoramento en materia de vivenda 2023

Este convenio estará vixente desde o 2 de febreiro até o 31 de decembro do 2023.


O Consello da Avogacía Galega asinou un convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo), organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para crear as canles de información necesarias para evitar que persoas en situación de desamparo perdan a súa vivenda habitual ou, no seu caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar ante esta situación.

Como froito dese convenio, póñense a disposición da cidadanía dúas vías para solicitar o servizo de asesoramento gratuíto:

  • Formularios web. As consultas realizadas serán respondidas polo letrado/a de garda dentro das 48 horas seguintes ao envío da consulta.
    • Formulario en materia de ocupación ilegal da vivenda
    • Formulario en materia de desafiuzamentos
  • O teléfono 900 121 221. O horario de atención será de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 14:00 horas.

Consultar texto convenio

Consultar addenda ao Convenio


Consultar outros convenios asinados polo Consello da Avogacía Galega

Guías informativas

O CAG elaborou dúas guías informativas referidas aos trámites de carácter administrativo ou xudicial no ámbito relacionado cos dereitos e obrigas das persoas afectadas por desafiuzamentos ou ocupación ilegal da vivenda.


Desafiuzamento de vivendas. Guía informativa para persoas afectadas

A ocupación ilegal da vivenda. Guía informativa para persoas afectadas

Comments are closed

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies